A finais deste mes, a planta de PSA en Vigo comezará de xeito oficial a fabricación do novo todo camiño, o V20. O proxecto avanza segundo os prazos previstos. A factoría espera chegar aos 250.000 vehículos anuais e situarse no máximo da súa capacidade industrial.

Conta atrás para o lanzamento do vehículo que dará relevo o Peugeot 2008. O proxecto do ovo todocamiño V20 avanza conforme aos prazos e a finais deste mes comezará a montaxe das primeiras unidades en cadena.

En outono producirase un aumento da producción en serie o que permitirá recuperar os tres turnos de traballo, algo que non sucedía desde 2008.

PSA espera producir 250.000 vehículos anuais do novo modelo que estará no mercado a finais deste ano.